Horta ecolóxica
Comprometidos co coidado do medio
Desde - Hasta: 01/10/1993 - Actualmente
O MEDIO AMBIENTE É IMPORTANTE TAMÉN PARA NÓS
O benestar emocional implica estar a ben con un mesmo e co medio no que un vive.
Por tanto, cando coidamos este medio estamos coidando a nosa saúde física e psíquica.
En APACAF prestamos unha especial atención e empregamos unha boa parte do tempo na nosa vida diaria a estes aspectos:
A paisaxe. O entorno rural dos centros onde se segue o ritmo das estacións na horta e no xardín. O entorno invita a mirar ó ceo e ó horizonte.
- Miramos con conciencia ó noso redor e sabemos que as camelias nos alegran o inverno, as azaleas anuncian a primavera, as rosas o verán e as follas ocres das árbores nos falan xa do próximo inverno.
- Os paseos diarios polo monte, o río, os lugares máis próximos son unha oportunidade de manternos activos e alerta ó que acontece ó noso redor
As 5-R da ecoloxía: Reducir, Reutilizar, Reciclar, Recuperar, Rexeitar, Reformar
O uso de produtos de limpeza non tóxicos
O tratamento de augas residuais que contará co apoio dunha balsa de macrófitas en proxecto
Explotación ecolóxica familiar agropecuaria. Nesta explotación agropecuaria ecolóxica, subvencionada pola Deputación de Pontevedra, traballamos no día a día durante todo o ano, coidando todos os aspectos:
- A horta ecolóxica onde plantamos diversos produtos para o autoconsumo, como leitugas, tomates, pementos, porros, acelgas..........
- A certificación do CRAEGA (Consello de Agricultura Ecolóxica de Galicia). A nosa horta ecolóxica conta coa certificación do CRAEGA, que é o órgano de encargado do control e certificación das produccións ecolóxicas en Galicia.
- O método de Gaspar Caballero “Parades en Crestall”. Este método de horticultura ecolóxica sinxela consiste na utilización de pequenos bancais elevados con compost onde se sementan os produtos seguindo os principios de rotación e asociación.
- As aves de curral proporciónannos ovos e abono para o compost
- A cría de polos de curral
- As plantas aromáticas e condimentarias
- A elaboración caseira dos produtos para o consumo propio
- A formación nestas tarefas