Plan Centrado na Persoa (PCP)
A Planificación Centrada na Persoa é a ferramenta básica que facilita que as persoas con autismo poidan vivir os seus soños
Desde - Hasta: 01/09/2005 - Actualmente
As persoas con autismo tamén temos soños.
E contamos coa axuda das persoas que nos rodean para poder cumprilos.
Grazas por axudarme a conseguir os meus soños.
PROGRAMACIÓN CENTRADA NA PERSOA (PCP).
A TEORíA:
Supón un cambio de paradigma: trátase de superar o modelo médico para centrarse máis no modelo social. Supón un enfoque importante con respecto á programación individualizada de atención (PIA) tradicional que tampouco se debe abandonar. Consiste nun proceso de colaboración para facilitarlle ás persoas o acceso ós apoios e servizos necesarios para acadar unha maior calidade de vida baseada nos seus propios gustos e valores.
Destacan 5 puntos a ter en conta:
1. A persoa é o centro do proceso (non o familiar nin o profesional)
2. A participación dos membros da familia, amigos, veciños, profesionais,etc.
3. Enfoque nas capacidades da persoa, non nas limitacións
4. A persoa debe elexir aquelas accións encamiñadas a producir cambios na súa vida
5. É un proceso continuo de aprendizaxe, escoita, e acción.
(O´Brien: 2003)
Se queres saber máis, pulsa nos enlaces á dereita