Creación de Novo Centro de Día
Estamos creando un novo centro de día para atender as necesidades das persoas con autismo residentes na comarca de A Estrada e arredores.
Desde - Hasta: 01/01/2015 - Actualmente
CREACIÓN DUN NOVO CENTRO DE DÍA
As persoas adultas con autismo que viven coas súas familias na proximidade xeográfica do centro A Braña necesitan seguir recibindo apoio profesional cando acaba o período escolar.
Para dar resposta a estas novas necesidades, o centro A Braña necesita a construción dun novo espazo con 2 aulas, 2 despachos e 2 baños adaptado á nova normativa de centros.
FASES DO PROXECTO:
1. Redación do proxecto
2. Solicitude de licenza
3. Finanzamento
4. Construción
5. Inauguración e posta en marcha
Agora estamos estudando a redación do proxecto para poder solicitar a licenza. Cando este proceso termine nun tempo estimado dun ano, iniciaremos a aventura de acadar o finanzamento para a construción do novo centro de día.