Usuarios/as
Ofrecemos servizos a persoas maiores de 16 anos con Trastorno do Espectro Autista e outros trastornos.
Na actualidade 32 persoas con discapacidade son usuarios dos nosos servizos de atención residencial terapéutica, atención diurna terapéutica e de ocio e tempo libre.
O centro A Braña está concebido para ofrecer atención individualizada e especializada nunha vivenda familiar.
Na actualidade son usuarios dos nosos servizos 20 homes e 12 mulleres.
Os usuarios de APACAF son adultos e xóvenes de idades comprendidas entre os 16 e os 44 anos.
A maioría están entre os 20 e os 40 anos.
Un total de 8 adultos e xóvenes viven no centro A Braña en réxime de residencia terapéutica, mentres que 24 son usuarios do servizo de ocio e tempo libre durante as fins de semana e campamentos de verán
.
A maioría dos usuarios de APACAF proceden das provincias de Pontevedra e A Coruña.