Aula TEACCH
A educación continua tamén é importante nas idades adultas.Contamos cunha aula adaptada á metodoloxía TEACCH
Desde - Hasta: 01/01/2015 - 31/12/2016
O método TEACCH é un programa específico para as persoas con autismo creado polo Departamento de Psiquiatría da Escola de Medicina da Universidade de Carolina Do Norte en Chapel Hill e corresponde á abreviación de Treatment and Education of Autistic related Communication Handicapped Children -Tratamento e Educación de nenos con Autismo e Problemas de Comunicación relacionados.
A súa característica esencial é que está basado no “erro cero” polo que se pode adaptar a todos os niveis de desenvolvemento e a todas as idades. É unha educación estructurada, que aproveita as capacidades viso-espaciais, permitindo procesar mellor a información visual que a auditiva e ofrecendo a ventaxa de ser autónomo non só na realización de tarefas senón no cambio dunha tarefa a outra.
No centro A Braña, contamos cunha aula cos espazos recomendados para a aplicación desta metodoloxía:
- Rincón de axenda de clase
- Rincón de traballo individual (3 mesas de traballo individual)
- Rincón de material para o traballo (2 estanterías)
- Rincón de aprender (unha mesa de un/un)
- Rincón de relaxación
- Rincón de ocio
- Rincón de experimentación (unha mesa rectangular grande)